Portos e o Real Club Náutico de Portosín traballarán para mellorar as instalacións da entidade

21 Abril 2026

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo este martes 21 de abril unha reunión coa nova directiva do Real Club Náutico de Portosín, que preside José Codesido, para afondar en diferentes propostas de mellora das instalacións da entidade deportiva do municipio sonense.

No encontro, a nova directiva do club, recentemente nomeada para o período 2026-2030, mostrou o seu propósito de ampliar os peiraos flotantes (pantaláns) 1 e 3 para dar cabida a novas prazas de atraque, así como renovar o pilotaxe das instalacións flotantes actuais. Así mesmo informaron de que están a traballar nun proxecto para agrandar o travellift.

Pola súa parte, o presidente de Portos ratificou que o ente público tramitará os permisos necesarios para facilitar a execución destas melloras por parte da entidade. Finalmente, ambas partes abordaron tamén posíbeis espazos para a instalación dunha mariña seca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.