O Concello de Rianxo aproba o proxecto para remodelar a área deportiva do Campo de Arriba

21 Abril 2026

O Concello de Rianxo aprobou finalmente o proxecto para a remodelación da zona deportiva situada a carón do Campo de Arriba, no centro da vila, un proxecto que en palabras do Goberno local “obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo de espazos na vila”.

A iniciativa inclúe entre outras cousas a creación dunha pista multideportiva e un circuíto de calistenia, que tamén forma parte das peticións cidadás respecto das infraestruturas deportivas existentes na vila.

O proxecto conta cun orzamento de 48.380,64€ e o Concello agarda executalo antes do remate do presente ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.