O artista Jacques Ligot achega na Libraría ULA de Outes un obradoiro participativo en dúas quendas arredor dos hórreos

20 Abril 2026

A Libraría Social ULA (Outes, rúa da Capela) acolle este mes de abril, en dúas quendas e en horario de tarde, un obradoiro de escritura arredor dos nosos hórreos co arquitecto e artista Jacques Ligot, un dos principais investigadores actuais das ditas arquitecturas típicas da nosa terra, recentemente declaradas como Patrimonio Cultural Inmaterial por parte do Goberno de España.

Os obradoiros previstos na ULA forman parte (precisamente) das súas investigacións, e a idea é convidar ás persoas participantes a participar nelas coas súas contribucións.

Desenvolveranse baixo o epígrafe Unha pequena investigación nas nosas lembranzas: os hórreos. A primeira quenda será o xoves 23 de abril en horario de 18.30 a 20.30 horas e o xoves 30 de abril no mesmo horario.

Arquitecto e investigador, Jacques-Marie Ligot examina a arquitectura a través do estudo dos xestos, prestando especial atención ao patrimonio vernáculo e inmaterial. Arquitecto formado en construción en madeira na École Nationale Supérieure deas Techniques et Industries du Bois (Épinal) e en Ensa Paris Val de Seine, desenvolve unha práctica híbrida que combina a produción artística, o ensino, a investigación e a produción arquitectónica. Traballa en proxectos a longo prazo con grupos de residentes, en particular no sitio da Courouze en Rennes (2019-2024) e no Parque Natural de Aubrac (desde 2016), e colabora regularmente con artistas, bailaríns e artesáns. O seu traballo de investigación céntrase en tres áreas: a narrativa íntima e colectiva como ferramenta de deseño, a danza e o invisible como estruturas espaciais e políticas, e o xesto performativo para crear unha arquitectura da atención.

Respecto do seu proxecto centrado nos hórreos galegos, busca interrogar a súa transformación simbólica e material nun territorio marcado polas mutacións agrícolas e climáticas.

Inspirado tanto polos relatos animistas como polas danzas tradicionais e as arquitecturas vernáculas, o artista explora estas formas como corpos arquitectónicos portadores de memoria, de xestos e de crenzas.

Jacques-Marie Ligot convoca tamén a súa propia memoria corporal para achegar os hórreos ás procesións españolas.

A partir dunha documentación de campo (visitas, entrevistas con artesáns, arquivos), busca comprender a evolución destas estruturas, outrora no centro dos sistemas agrícolas, e propoñer sobre elas un cuestionamento contemporáneo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...