O alcalde de Boiro reúnese este mércores coa veciñanza de Cespón

20 Abril 2026

O Concello de Boiro celebra esta semana unha nova actividade de participación veciñal: un novo encontro coa veciñanza dos núcleos baixo o epígrafe Un café co alcalde e destinado a atender as demandas e necesidades da xente das parroquias.

A cita será este mércores 22 de abril ás 20.00 horas, na Casa dos Veciños de Cespón.

Está previsto que se fagan dúas xuntanzas por mes para poder visitar todas as parroquias antes do verán. A finalidade destas xuntanzas, que xa se realizaron con anterioridade, é “que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo”, segundo confirmou o Concello, engadindo que con “estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Consistorio”.

Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.