Noia recordou a Maxi Olariaga coincidindo coas Xornadas da II República

19 Abril 2026

O Concello de Noia, no marco do seu compromiso coa recuperación e difusión da nosa historia democrática, organizou este mes de abril unhas xornadas dedicadas á II República que incluíron, entre outras actividades de interese, unha homenaxe a Maxi Olariaga, falecido en 2018, baixo o epígrafe Na defensa dos valores republicanos. A cita (este venres) celebrouse no Casino de Noia e comezou cunha mesa redonda pola memoria na que se compartiron reflexións e coñecemento sobre feitos do pasado noiés, para logo abordar a homenaxe a Olariaga na compaña da súa familia. O acto contou cunha relevante participación de público, contribuíndo a afondar no coñecemento da historia local.

Interviñeron o alcalde Francisco Pérez e a concelleira de Cultura, Chelo Martínez, ademais de Luís Veiras, Rafael García, Manolo Carredano, Ana Blanco, Rafa García e Aurora Marco, compañeiros o homenaxeado e expertos no seu legado, quen compartiron historias e anécdotas do autor e das súas importantes contribucións ao xornalismo, á literatura e mesmo á música. O Concello puxo o ramo do acto facendo entrega aos asistentes dun libro editado especificamente para o acto conmemorativo, que recolle a obra de Maxi Olariaga e dedicatorias dos participantes na homenaxe.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.