Máis de 250 atletas de todas as idades participarán este sábado no X Dúatlon Eleuterio Balayo do Concello de Muros

16 Abril 2026

Todo preparado en Muros para a décima edición do Dúatlon Eleuterio Balayo, que se celebrará este sábado, día 18 de abril, con máis de 250 participantes.

A proba, xa consolidada no calendario deportivo galego, será un ano máis o escenario do Campionato Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior. Ademais, haberá unha proba popular na modalidade Sprint.

“Unha proba que cada ano ten mellor acollida e que serve como recoñecemento ao noso veciño Eleuterio Balayo, un gran apoio para o deporte de Muros”, subliñou a alcaldesa María Lago na presentación.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Damián Torea, convidou á veciñanza “a disfrutar da espectacularidade das probas, desde a zona do recheo ata a antiga Fábrica de Sel no sector a pé, e na estrada de Muros a Louro para a proba ciclista”.

Os horarios das probas serán ás 14:45 e ás 17:00 horas. Participaron tamén na presentación do Dúatlon as concelleiras Sandra Maneiro e Laura Rivadeneira, e Quico Lestón, técnico de Deportes.

Unha proba organizada polo Concello de Muros e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI), coa colaboración da Policía Local de Muros; Protección Civil de Muros; Garda Civil Muros; Brigada de Obras; GES Muros; persoal da área de Deportes e clubs locais; Secretaría Xeral para o Deporte, e a Universidade de Santiago de Compostela.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.