O Pazo de Goiáns (Boiro) acolle o vindeiro 29 de abril o IV Campionato Barista de Colexios de Educación Especial

16 Abril 2026

O Concello de Boiro colabora coa celebración do IV Campionato Barista de Colexios de Educación Especial que organiza o CEE López Navalón e que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril no Pazo de Goiáns. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Alfonso Aguado, de Cafés Templo, e Juan Carracedo, do centro organizador.

Trátase dun campionato práctico que se celebra na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación especial de toda Galicia.

“Estamos ante un evento que se está a consolidar, que xa colleu un ámbito nacional e co que todos aprendemos cousas novas destes rapaces e rapazas”, afirmou María Outeiral.

Nesta edición participan o CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela), o CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos), o CEE Paxón (Nigrán), o CEE Saladino Cortizo (Vigo), o CEE Maria Mariño (A Coruña), o CEE Terra de Ferrol (Ferrol), o ACEESCA (Porriño) e o CI Burlada (Navarra).

O alumnado de cada escola fará varias elaboracións a base de café. O campionato comezará ás 10.45 horas e será retransmitido mediante a canle de YouTube de Cafés Templo. Ademais do propio concurso haberá talles de cocteleira, decoración de tortas e elaboración de mousse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.