O Auditorio de Muros acolle esta “finde” a proxección de “Cumbres borrascosas” e “Super Mario Galaxy”

16 Abril 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle unha nova fin de semana de cine coa proxección de dúas propostas para diferentes públicos: Cumbres borrascosas e Super Mario Galaxy: La Película.

Por unha banda, proxectarase Cumbres borrascosas, a nova adaptación cinematográfica do clásico da literatura de Emily Brontë, dirixida por Emerald Fennell. A película ofrece unha intensa historia de amor e vinganza ambientada nos páramos ingleses, centrada na relación entre Heathcliff e Catherine, marcada polas paixóns extremas e os conflitos sociais.

As sesións terán lugar no auditorio o venres 17 e o sábado 18 de abril ás 20.30 horas, así como o domingo 19 de abril ás 19.00 horas.

Por outra banda, o público familiar poderá gozar de Super Mario Galaxy: La Película, unha nova aventura de animación protagonizada por Mario, Luigi e a princesa Peach, que nesta ocasión viaxan a través da galaxia para enfrontarse a novos desafíos nunha historia chea de acción, humor e entretemento.

Esta longametraxe familiar proxectarase o sábado 18 de abril ás 18.00 horas e o domingo 19 de abril ás 17.00 horas.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destaca a importancia de ofrecer unha programación variada: “Seguimos apostando por unha oferta cinematográfica diversa, que combina grandes clásicos reinterpretados co cine familiar máis actual, para chegar a todos os públicos e manter unha programación estable durante todo o ano”.

As entradas están dispoñíbeis na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.