O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Diververán 2026

15 Abril 2026

O Concello de Rois pon en marcha unha nova edición do Diververán, unha iniciativa consolidada que ofrece unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións de verán, pensada para facilitar a organización diaria das familias.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes entre este luns 20 de abril e o 14 de maio para un programa dirixido a rapazada desde 4º de educación infantil en diante, que terá lugar nos centros educativos de Rois e Urdilde.

A programación abrangue todo o período non lectivo estival, estruturada en seis quendas: do 22 ao 30 de xuño; do 1 ao 15 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; do 3 ao 14 de agosto; do 17 ao 31 de agosto; e do 1 ao 7 de setembro . As sesións desenvolveranse en horario de mañá, entre as 9.30 e as 14.30 horas, cun servizo previo de acollida desde as 7.30 horas para dar resposta ás necesidades laborais das familias .

Ao longo das distintas quendas, a rapazada poderá participar en múltiples actividades adaptadas á súa idade, combinando xogos, propostas deportivas, talleres creativos e dinámicas participativas, priorizando sempre o desenvolvemento persoal e a convivencia.

No relativo ás tarifas, estas varían en función do número de períodos seleccionados e da utilización do servizo de atención temperá, ofrecendo condicións máis vantaxosas para quen se anote en varias quendas. Ademais, existe a opción de uso puntual deste servizo por días soltos cun custo de 2 euros por xornada .

Tamén se contemplan reducións do 15% no importe total para segundos irmáns ou irmás, así como para unidades familiares numerosas, monoparentais ou con membros cun grao de discapacidade superior ao 33% .

No caso de superar o número de prazas dispoñibles, aplicarase un sistema de prioridade que terá en conta aspectos como o empadroamento no municipio, a escolarización en centros locais ou a vinculación laboral ou familiar con Rois.

Toda a documentación necesaria, así como os formularios correspondentes, poden consultarse e descargarse na web municipal.

Con esta proposta, o Concello continúa reforzando as súas políticas de apoio á conciliación e á atención á infancia durante os períodos sen actividade lectiva.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...