“Xuventude e futuro” – José Manuel Pena

15 Abril 2026

A experiencia non sempre é garantía de sabedoría e boa xestión. Proba diso son moitos dos nosos gobernantes que incorren, unha e outra vez, nos mesmos erros e logo quéixanse da herdanza recibida.

En política social e económica non todo vale. As receitas non sempre funcionan. Queda moito por descubrir e innovar. As persoas teñen que ser o obxectivo primordial de calquera formación política ou equipo de goberno, tanto en época electoral como durante toda a lexislatura.

Pola súa banda os mozos non poden seguir deixando en mans dos seus avós, pais ou persoas de certa idade o futuro das súas vidas e a dos seus descendentes. Está demostrado que hai cousas que non funcionan e hai que cambialas. En política non sempre todo é branco ou negro, tamén existen visións diferentes.

O futuro non pode quedar hipotecado polo pasado. Moito mozos chegan con novas ideas para dar resposta a vellas situacións adversas. Problemas enquistados que requiren unha sabia nova, valentía e ganas de traballar polo ben común e contra a desigualdade, a inxustiza e o progreso.

A mocidade mellor preparada da historia non pode seguir vivindo asentada na apatía e a desesperanza. Teñen que ser os verdadeiros protagonistas do futuro, tomando decisións con firmeza e valentía. Demostrando, á vella garda dos partidos políticos e á sociedade en xeral, que hai outras maneiras de gobernar, diferentes ás tradicionais. Teñen o dereito e a obrigación de sacar o billete e subirse ao tren do futuro ata chegar ao destino anhelado.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...