A Conserveira (Ribeira), Casa Peto (Outes) e a Casa da Avoa (Outes), no 39º Salón Gourmets da man da Deputación

11 Abril 2026

A Deputación da Coruña participa na 39.ª edición do Salón Gourmets, a feira internacional de alimentación e bebidas de alta calidade, coa súa iniciativa A paisaxe que sabe. Será a segunda presenza da institución provincial neste evento, que se celebra entre o luns 13 e o xoves 16 de abril. A institución contará cun posto propio situado no pavillón 7 do recinto feiral IFEMA, en Madrid.

No seu espazo, a Deputación desenvolverá un amplo programa con máis de trinta actividades ao longo dos catro días do evento, no que se combinan demostracións culinarias, relatorios, catas e degustacións a cargo de profesionais e empresas da provincia.

A programación estrutúrase ao redor da campaña A paisaxe que sabe, coa que a institución pon o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a súa aposta por un modelo turístico de calidade, sustentábel desde o punto de vista social, económico e ambiental.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, sinala que a participación neste foro responde á aposta da institución polo sector agroalimentario da provincia e destaca que permite “dar visibilidade ao traballo das produtoras e produtores locais e abrir novas oportunidades comerciais”.

Neste escaparate internacional, dirixido exclusivamente a profesionais do sector, terán presenza destacada produtoras e produtores da provincia como A Conserveira (Ribeira), Enoturismo María Manuela (Boqueixón), Cafés Aruba (A Coruña), Gallegas de Nata (A Coruña), Bodegas Lodeiros (Santiago), Chichalovers (Santiago), La Despensa d’Lujo (Coristanco), Empanadas Ternura (A Coruña), Lenatt Food (A Coruña) e Casa da Avoa (Outes).

Pola súa banda, a representación gastronómica contará con chefs de referencia da provincia como Noelia Rodríguez (Casa Peto, Outes), Adrián Felípez (Miga, A Coruña), Juan Crujeiras (Bido, A Coruña) e Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña, unha estrela Michelin), que ofrecerán distintas elaboracións en formato showcooking.

O programa inclúe tamén relatorios e catas de viño a cargo do sumiller Luís Paadín, centradas en diferentes territorios e tipoloxías vitivinícolas da provincia, así como presentacións e degustacións de produtos, entre elas propostas de pastelería, conservas e bocadillos de autor.

Ao longo das xornadas repetiranse actividades como cafés de especialidade, catas comentadas e degustacións maridadas, configurando unha proposta que combina tradición, innovación e produto local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...