Concello de Boiro celebra aos seus maiores co tradicional Xantar de Confraternidade

10 Abril 2026

O Concello de Boiro celebrou este venres 10 de abril o tradicional Xantar de Confraternidade das persoas maiores con 600 comensais. O alcalde, José Ramón Romero, e membros da Corporación local participaron no xantar ao que tamén asistiron Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; Mar García, deputada de Servizos Sociais da Deputación da Coruña; o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal; a concelleira da Pobra, Patricia Lojo; e o concelleiro de Ribeira, Vicente Mariño.

O alcalde agradeceu a presenza das autoridades e das persoas maiores que “traballaron por construír o que hoxe temos. Dende o Concello de Boiro imos seguir traballando por mellorar a calidade de vida e atender as necesidades das persoas maiores”.

O menú do xantar consistiu en boi, lagostinos (cigalas), camaróns, pescada e carne; e continuou con acompañamento musical de Mar Davila.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.