Rouban unha oliveira do paseo das estrelas de Dodro

10 Abril 2026

O Concello de Dodro vén de denunciar o roubo dunha oliveira plantada con motivo do Día Internacional da Muller no paseo das estrela situado ao carón do concello. Dende o Consistorio lembran a creación hai un ano dun espazo destinado aos homenaxes do Día Internacional da Muller e que este 2026 colocáronse placas que lembran a varias asociacións que traballan no concello: AMIPA, Andaina Prosaúde Mental, CIM Terras de Iria e Club Deportivo Dodro. Xunto a esas placas dispuxéronse plantas e árbores para que foran medrando ano a ano e serviran de elemento ornamental pero tamén simbólico da homenaxe ás mulleres. Unha delas, unha oliveira, foi roubada en días pasados. Desde o Concello cualificaron o roubo de “feito ruín” e sinalaron que se ben o valor económico é mínimo, “o sentimental é enorme e non se entende ese comportamento”.

E engaden: “Apelamos a moral da veciñanza para que condene este tipo de feitos. O coidado dos bens públicos, a preservación dos espazos de memoria é un traballo de todos. Todos nos beneficiamos do esforzo das persoas e asociacións que son homenaxeadas no paseo das estrelas, destruír ou roubar o que alí hai e roubarnos a todos”.

Porén, desde o Goberno municipal recoñecen que estes feitos “son excepcións” e que “á maioría da veciñanza non se lle ocorrería facer algo así”. E conclúen: “Damos as grazas á xente de bo corazón e condenados estes feitos con toda a rotundidade posíbel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.