Dodro celebra o Día do Libro cunha iniciativa que implica á hostalería, á Biblioteca e á veciñanza: “CafeLibros”

09 Abril 2026

O Concello de Dodro celebrará un ano máis o Día do Libro levando a lectura e a posibilidade de ler aos locais de hostalería do municipio. Un proxecto local impulsado desde o Concello e a Biblioteca municipal, e tamén aos establecementos de Dodro.

O Día do Libro é unha data creada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura  (UNESCO) que se conmemora o 23 de abril. Ese día tivo lugar o pasamento, ou o enterramento, de escritores da talla de Cervantes, Shakespeare ou Inca Garcilaso de la Vega. A data coincide tamén co nacemento ou o pasamento de outros autores universais como Teresa de la Parra, Maurice Druon, Haldor K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla, Manuel Mejía Vallejo ou William Wordsworth

A iniciativa CafeLibros naceu baixo a premisa de que calquera lugar ou escenario é bo para acompañarse e desfrutar dun libro, e polo tanto dunha boa lectura. Con esta intención, durante os meses de abril e maio, a Biblioteca Pública Municipal de Dodro cede en préstamo a cada establecemento unha escolma de lecturas en galego e castelán, de xénero e temática variada e para distintas idades.

Un xeito de impulsar a lectura pero tamén a relación entre a hostalería e os servizos públicos, como en este caso a Biblioteca. O Concello de Dodro impulsa a iniciativa non só como fomento da lectura, tamén “como xeito de unir á veciñanza, a oferta lúdica privada e a pública arredor da cultura”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.