O Concello de Boiro aproba a súa adhesión para formar parte da Rede de Concellos contra o Acoso Escolar

09 Abril 2026

A xunta de Goberno local de Boiro deu luz verde á adhesión do Concello de Boiro ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Rede de Concellos Contra o Acoso Escolar.

Este convenio establece os mecanismos para consolidar unha rede de apoio territorial que non só interveña ante situacións de acoso escolar, senón que “actúe de forma preventiva para garantir o benestar e desenvolvemento integral do alumnado galego nun clima de convivencia positiva”.

A rede terá como obxectivo “fortalecer a coordinación entre institucións e entidades locais para previr, detectar e abordar de xeito eficiente os casos de ciberacoso no ámbito escolar; establecer un seguimento sistemático e continuado dos posíbeis casos que garanta a implicación activa de todos os actores responsábeis; ofrecer apoio aos centros educativos na xestión de situacións de acoso; promover a prevención como eixo central da intervención; así como reducir a incidencia de casos que requiran a activación do protocolo”.

Pola súa banda o Concello de Boiro leva xa varios anos traballando na prevención do acoso escolar a través do Proxecto EnClave con programas específicos nos que se traballa a resolución de conflitos e se fomenta a convivencia positiva e o respecto mutuo para que o alumnado adquira ferramentas que permitan ao alumnado xestionar os conflitos cotiás.

Coa adhesión a este convenio entre a Consellería e a FEGAMP o Concello de Boiro da un paso máis na prevención do acoso escolar para implicar a toda a comunidade educativa e traballar para que os centos escolares supoñan un entorno seguro para a rapazada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.