Lousame recibe a visita dun centro de información á muller (CIM) móbil

08 Abril 2026

A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, estivo este mércores 8 de abril comprobando o funcionamento dun dos Centros de Información á Muller (CIM) móbiles que a Xunta puxo en marcha este ano para reforzar a sensibilización en materia de xénero e igualdade nas zonas rurais. Trátase dunha iniciativa que permite prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra a muller naqueles concellos que actualmente carecen dun Centro de Atención á Muller e de forma itinerante.

Agrafojo explica que “agora o seguinte paso é que o persoal dos Servizos Sociais do Concello de Lousame se poña en contacto co persoal deste CIM móbil, composto por unha psicóloga e unha traballadora social, para comunicarlles calquera caso de maltrato para que dende o CIM Móbil se poñan en contacto coas posíbeis vítimas e facer posteriormente unha reunión con elas nun espazo habilitado polo concello”.

A maiores, a concelleira lembra que estes recursos “están abertos a toda a cidadanía e á disposición daquelas persoas que queiran seguir aprendendo máis sobre a igualdade ou comprender aspectos relacionados co machismo ou os roles de xénero”. Isto é así porque estes espazos itinerantes ofrecen asesoramento xurídico, atención psicolóxica e orientación social ás mulleres vítimas de calquera forma de violencia de xénero, e, de ser o caso, tamén aos seus fillos e fillas ou a calquera persoa, menor de idade ou maior, dependente da vítima. Ademais, brindan información sobre os recursos dispoñibles na contorna local, a nivel comarcal, provincial ou autonómico e organizan actuacións de dinamización para a sensibilización e prevención da violencia de xénero, entre outros servizos.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...