Boiro recibe da Deputación unha subvención para financiar os gastos do persoal da Oficina de Turismo

08 Abril 2026

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 19.195’72 euros para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2026.

No caso de Boiro, a finalidade desta subvención é “aumentar o persoal da oficina de turismo durante o verán co obxectivo de fortalecer e profesionalizar o sector turístico”.

Boiro conta cun inmóbel destas características emprazado no andar baixo da Casa Consistorial: un servizo aberto durante todo o ano e que recibe visitantes de xeito continuado, especialmente durante a época estival. Ademais da información concretar das posibilidades do municipio e a contorna, a Oficina de Turismo de Boiro serve como punto de información do Xeodestino Barbanza Arousa e a provincia da Coruña en xeral.

O persoal do servizo encárgase de desenvolver as actividades que se realizan durante o verán, así como atender as instalacións turísticas e ofrecer información ás persoas visitantes. Ademais, dende a Oficina de Turismo realízase a promoción do Camiño A Orixe a Santiago de Compostela con información e tamén actividades específicas para dalo a coñecer.

Boiro recibe arredor de 3.000 turistas no verán que se benefician dos servizos da Oficina de Turismo, así como arredor dunhas 15.000 persoas que, ao longo do ano, visitan a páxina web municipal de turismo e sérvense dos recursos que se presentan e interésanse polo destino.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.