“A medalla do Parlamento de Galicia para 9 deputadas autonómicas” – Antón Luaces

06 Abril 2026

Recibirán esta distinción hoxe, luns, após que a mesa do Parlamento acordara, por unanimidade, tal concesión vai 30 anos. 

As deputadas da IV Lexislatura participaran na Conferencia Mundial da Muller celebrada en Beijing. A mesma distinción serálle entregada á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro. 

María Xosé Ares Casal, María Teresa Fernández Piñeiro, Pilar Pedrosa González de Castejón, María Fernanda Cerviño Villaverde, Elsa Madarro González, do Grupo Popular; María Xosé Porteiro García, María Antonia Álvarez Yáñez,,do Grupo Socialista; e  María Pilar García Negro e Olaia Fernández Davila, do Grupo do Bloque Nacionalista Galego, son as deputadas da IV Lexislatura que participaron na devandita Conferencia, a maioría delas pertencentes á primeira Comisión Parlamentar para a Igualdade dos Dereitos das Mulleres.

O acto cadra coa celebración asimesmo do aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia e supón o recoñecemento ao seu labor pioneiro e o compromiso a prol das políticas de jgualdade. 

Esta Medalla do Parlamento de Galicia entregáraselle anteriormente aos expresidentes e expresidentas da Cámara autonómica en 2016; á Comisión dos 16, autores do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, en 2017; a Cáritas Diocesana, COGAMI e Aldeas Infantís SOS (2018)  e á emigración galega (entregada aos 14 centros e entidades que integran a Comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, coma lexítimos representantes do conxunto da emigración galega de todos os tempos, na edición de 2019).

En 2021 a Medalla do Parlamento fóralle entregada ás fundaciñions que perpetúan o legado da Xeración Nós- Dn 2022 recoñecéuse o labor das institucións estatutarias  Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello da Cultura Galega pola súa contribución ao afianzamento do autogoberno. En 2023 foi concedida á cooperación transfronteiriza entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal.  A Real Academia Galega de Belas Artes , a Afundación-Obra Social ABANCA e o catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares, foron distinguidos coa mesma medalla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.