Sábado 4, tempo estable e temperaturas en ascenso en Galicia

03 Abril 2026

A xornada do sábado de Gloria estará marcada pola continuidade da influencia anticiclónica en Galicia, garantindo un tempo estable e maioritariamente soleado.

Durante as primeiras horas do día poderán rexistrarse néboas en comarcas do interior, que irán disipándose a medida que avance a mañá. A partir de aí, predominarán os ceos moi despexados en xeral, con presenza de nubes altas que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso, acadando valores elevados para esta época do ano, o que deixará unha sensación térmica máis propia da primavera avanzada. (21 a 23 graos).

En canto ao vento, soprará do sur-suroeste, con intensidade moderada especialmente durante a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.