Alejandro Pirro e Joana Albasini levan a Noia este sábado “La última frecuencia”

01 Abril 2026

O vindeiro sábado 4 de abril ás 20:30 h, o Teatro Coliseo Noela acolle La última frecuencia, un espectáculo de danza contemporánea de Alejandro Pirro e Joana Albasini que nos mergulla nun futuro devastado onde só permanece unha última frecuencia… fráxil, pero viva, como símbolo de esperanza.

Trátase, en palabras do Concello, dunha proposta intensa e evocadora dirixida a público maior de 14 anos, que convida a reflexionar a través do movemento e a emoción.

As entradas xa están dispoñíbeis en Ataquilla.com.

Tamén poderán adquirirse o propio día da función no despacho de billetes do teatro, de 19:30 a 20:15 h.

Prezos: 5,00 € (xeral) | 4,00 € (estudantes e xubilados) + gastos de xestión

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.