En Esteiro, o Concello acondicionou zonas verdes e áreas recreativas

30 Marzo 2026

Nos últimos días, as brigadas municipais do Concello de Muros levaron a cabo labores de mantemento nas zonas verdes de Esteiro, actuando no paseo fluvial do río Riomaior, nas áreas recreativas da Alameda e do Artón, e en Parameán.

Estes traballos centráronse principalmente na roza e coidado da vexetación, que medra con forza nesta época tras as chuvias e a humidade acumulada, e na poda de árbores.

Trátase, en palabras do Concello, de “actuacións necesarias para manter os espazos naturais en boas condicións para o uso diario da veciñanza”.

A concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira sinala: “Estamos a actuar no mantemento diario destes espazos, que é fundamental para o seu uso e conservación. Ao mesmo tempo, somos conscientes das necesidades existentes e levamos tempo traballando en solucións máis amplas, que requiren tramitación e financiamento, pero que son unha prioridade para nós”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...