Barbanza rexistra o primeiro incendio forestal do ano, controlado tras afectar unhas 10 hectáreas

26 Marzo 2026

Os servizos de extinción lograron controlar o primeiro incendio forestal do ano na comarca do Barbanza, que chegou a achegarse a vivendas e á autovía AG-11.

O lume iniciouse na tarde do mércores na parroquia de Lampón, en Boiro, e avanzou cara ao municipio da A Pobra do Caramiñal, favorecido polas fortes rachas de vento. Na zona pobrense chegou a aproximarse a uns 50 metros das vivendas da aldea de Vilariño, aínda que finalmente puido ser contido antes de causar danos persoais ou materiais.

Segundo as primeiras estimacións, o incendio afectou arredor de 10 hectáreas. As lapas tamén se achegaron á AG-11, á altura da saída de Mercés, o que obrigou a extremar as precaucións na circulación, aínda que non foi necesario cortar o tráfico.

No operativo participaron numerosos medios, entre eles brigadas forestais, axentes ambientais, bombeiros, voluntarios de Protección Civil e medios aéreos, incluídos hidroavións e helicópteros. Tamén colaboraron efectivos da Garda Civil e da Policía Local.

O lume quedou controlado horas despois do seu inicio, tras un intenso traballo dos equipos de extinción.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.