Avanza o Plan Integrado de Emprego do Concello de Dodro

23 Marzo 2026

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2025/2026 continúa avanzando no seu obxectivo de mellorar a empregabilidade das 100 persoas participantes.

Trátase dun programa promovido polo Concello de Dodro en colaboración cos concellos de Catoira, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga, e co-financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servicio Público de Emprego Estatal con 220.000 euros.

Entre as accións que se desenvolven inclúense formación, orientación e intermediación laboral.

Durante os meses de xaneiro a marzo o alumnado do programa participou en diversas accións formativas como Igualdade, Monitor/a de comedor escolar, Manexo de carretilla elevadora, Operacións de ponte guindastre, Trámites online coa administración, ou Monitor/a de tempo libre.

Algúns dos cursos máis demandados foron os de Carretilla elevadora, cunha duración de 30 horas e Operacións con ponte guindastre, de 25 horas.

Ambas accións formativas tiveron lugar na aula de formación do Concello de Pontecesures, onde se impartiu a parte teórica, e nunha empresa da comarca, onde o alumnado realizou as prácticas.

Estas dúas formacións constitúen requisitos necesarios para poder exercer como carretilleira/o e operador/a de ponte guindastre, ocupacións cunha elevada demanda tanto no sector loxístico como noutros sectores produtivos con forte presenza no ámbito territorial do programa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.