A VI Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame reúne a preto de 250 participantes

22 Marzo 2026

Preto de 250 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na VI Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar hoxe domingo no restaurante O Trapeiro. O dúo Aires de Broña puxo a nota musical antes de iniciarse o xantar e protagonizou o baile posterior.

O encontro estivo presidido por primeira vez polo alcalde de Lousame, Esteban Ares García; e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez. Un acto no que estiveron acompañados polos concelleiros de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Seguridade Viaria, José Antonio Ces; así como polos voceiros dos grupos municipais do PSOE, Juan José Prego, e do BNG, Anxo Moledo.

Esteban Ares destacou que “para min é a primeira vez que presido esta xuntanza e é unha alegría ver tanta xente aquí. Penso que é un acto moi bonito e que hai que manter ano tras anos porque estas xuntanzas fan unión e fan pobo”. Así mesmo, tivo palabras de agradecemento e solicitou un gran aplauso dos presentes para os técnicos municipais e as voluntarias europeas que se encargaron da loxística do evento.

Perfecto Rodríguez felicitou ao Concello de Lousame “por seguir organizando un ano máis unha xuntanza de maiores, un dos eventos máis importantes porque é un recoñecemento a toda unha vida de traballo e, grazas ao voso traballo, hoxe temos os servizos que temos. Que o Concello dedique cando menos un día ao ano para recoñecer o voso labor creo que é de xustiza”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.