O equipo de Julián Bustelo presenta uns Orzamentos reforzados de 12,1 millóns de euros

20 Marzo 2026

O Executivo de Rianxo que lidera Julián Bustelo presentou o Orzamento Municipal para o exercicio 2026, que ascende a 12.144.746,94 euros, unha cifra que segundo salientou o propio rexedor constitúe a máis elevada da historia do municipio, cun incremento do 30,89% respecto ao ano 2024. Tras o seu paso pola Comisión Informativa correspondente, será sometido á aprobación inicial do pleno da Corporación.

“Presentamos estas contas despois de escoitar a moitos veciños, asociacións e colectivos durante todo este tempo. A través deste orzamento de récord, que demostra a capacidade de xestión deste Goberno, priorizamos aquelas cousas que consideramos máis importantes para a veciñanza e para o funcionamento da administración”, explicou o propio Julián Bustelo ao tempo que debullou algún dos detalles principais das contas:

-Consígnanse 300.000€ para aprobar e aplicar a primeira RPT do Concello de Rianxo.

-Darase prioridade ao mantemento e mellora de infraestruturas municipais, dende accesos a núcleos ata zonas verdes. Prevense importantes investimentos en dotación de novos servizos que axiña serán detallados polo Executivo.

-Consolidaranse os servizos de conciliación dando continuidade ás axudas ás asociacións de nais e pais (anpas) creadas o ano pasado e incrementándose o importe para as axudas destinadas á adquisición de material escolar.

-Consolídanse tamén as axudas para fomentar a apertura de novos comercios e mantense o apoio comprometido no 2025 coa Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.

-Increméntase tamén o importe destinado ás axudas a clubs e entidades deportivas do municipio logo de asentar o novo modelo por concorrencia competitiva.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.