O Concello de Boiro realiza nos centros de ensino do municipio un programa de prevención de problemas visuais

18 Marzo 2026

O Concello de Boiro está a desenvolver, no marco do proxecto EnClave, un programa de screening visual para o desenvolvemento de cribados na contorna educativa. A concelleira de Ensino, Carmen Silva, estivo na mañá deste 18 de marzo, mércores, no CEIP Praia Xardín para coñecer de primeira man como se están a desenvolver as xornadas.

O principal obxectivo dese programa é a detección temperá de posíbeis problemas visuais no alumnado mediante a realización dun screening visual non invasivo. Deste xeito o que se busca é identificar anomalías que poidan dificultar o proceso de aprendizaxe, recomendando posteriormente unha revisión optométrica completa en aqueles casos nos que se considere necesario.

O programa desenvolvese en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o screening está realizado polo alumnado do Grao en Óptica e Opotometría e o Máster en Optometría xunto co profesorado docente.

A actividade está dirixida ao alumando de 2º e 3º de primaria por ser as idades consideradas máis axeitadas para a detección de anomalías visuais. As probas que se realizan son a medición da agudeza visual monocular; unha valoración da visión das cores; avaliación da visión binocular; detección de anomalías refractivas; e revisión de posíbeis alteracións orgánicas.

O Proxecto EnClave do Concello de Boiro é un programa pioneiro e innovador que naceu no curso 2021/2022 co obxectivo de atallar e previr as principais problemáticas detectadas no ámbito educativo como o acoso escolar, o benestar emocional ou a saúde no alumnado dos centros de primaria e secundaria do municipio.

Trátase dun programa vivo que se vai adaptando cada curso escolar en función das necesidades detectadas polo persoal docente e a comunidade educativa para promover unha convivencia positiva, inclusiva e corresponsábel na contorna escolar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.