A ABE xa ten gañadores na campaña do Día do Pai

18 Marzo 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou o sorteo dos premios da súa campaña especial do Día do Pai, unha iniciativa orientada a dinamizar as compras no comercio local nunha das datas máis sinaladas do calendario comercial. A campaña desenvolveuse entre o 6 e o 18 de marzo e permitiu ás persoas consumidoras participar no sorteo de tres xamóns, un produto de alta calidade co selo Produtos da Praza de Abastos de Boiro, reforzando así o apoio tanto ao produto fresco como ao comercio de proximidade.

Para participar, as persoas clientes tiveron que rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra de calquera empresa asociada a través da aplicación habilitada na páxina web da ABE. Cada rexistro válido equivalía a unha participación no sorteo, podendo rexistrarse cada tícket ou factura unha única vez.

En total contabilizáronse 1.936 tíckets de compra, fronte aos 1.454 rexistrados no mesmo período do mes de febreiro, o que supón un incremento do 33,15 %, evidenciando unha resposta moi positiva por parte da clientela e o impacto destas campañas na dinamización do consumo local.

Tras a realización do sorteo, as persoas gañadoras dos tres xamóns son:

-Rosa María Vázquez (Clínica Dental Pérez García)

-María Elena Suárez (Quality Impresión)

-Félix Pimentel (Restaurante Moanin)

Os premios poderán recollerse dende este 18 de marzo.

Apoio ao comercio e ao produto local

Desde a ABE subliñan que “esta campaña dá continuidade á súa estratexia de promoción do consumo de proximidade, poñendo en valor nesta ocasión os produtos da Praza de Abastos de Boiro como sinónimo de frescura, confianza e calidade”. Do mesmo xeito que en anteriores accións destacouse o selo dos propios negocios asociados, nesta edición apostouse por reforzar a conexión entre comercio e produto local.

O Día do Pai, que coincide ademais coa celebración dos Xosés, Xosefas, Pepes e Pepas, representa unha das citas máis relevantes para o comercio. Desde a ABE anímase á veciñanza a “aproveitar estas datas para ter un detalle especial e realizar as súas compras no comercio local, contribuíndo así ao fortalecemento do tecido económico da vila”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.