A Casa dos Veciños de Cespón acolle este venres unha xornada sobre xenética, TEA e TDAH

17 Marzo 2026

A Casa dos Veciños de Cespón (Cespón, Boiro, Parque de San Roque) vai acoller este venres 20 de marzo unha charla coa que contribuír a incrementar na sociedade o coñecemento científico (e útil) sobre trastornos TEA (espectro autista) ou TDAH (hiperactividade e déficit de atención).

A sesión, que se desenvolve baixo o epígrafe Xenética, TEA e TDAH, será ás 19.00 horas, e virá da man do doutor e profesor de Medicina Legal da USC Anxo Carracedo, e da doutora María Tubío Fungueirño, experta en neurociencia.

Organiza BarbanTEA no marco do ciclo divulgativo TARDEA.

Segundo lembran dende a organización da charla, o doutor Carracedo é unha das figuras máis recoñecidas no ámbito da xenética a nivel mundial, cunha traxectoria científica de enorme impacto e unha ampla experiencia na investigación biomédica. A súa participación supón unha oportunidade única para achegar á veciñanza coñecemento rigoroso, actualizado e accesíbel sobre o papel da xenética no TEA e no TDAH.

Acompañarao tamén a doutora María Tubío Fungueiriño, doutora en Neurociencia e Psicoloxía Clínica, achegando a perspectiva clínica e psicolóxica a esta conversa.

Un espazo aberto para aprender, preguntar e comprender mellor como a xenética inflúe nos trastornos do neurodesenvolvemento, nun formato próximo e participativo.

Entrada libre ata completar aforo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.