As mozas impulsoras de Lixo Atelier e A Maceta compartiron as súas experiencias en Muros

17 Marzo 2026

O pasado venres 13 de marzo celebrouse en Muros un coloquio de mulleres emprendedoras encadrado na programación municipal polo 8M (Día Internacional da Muller). Na cita compartiron as súas experiencias María de Dina, de Lixo Atelier, e Alba Fernández, de Espazo A Maceta.

Moderou o acto Laura Rivadeneira, como concelleira de Promoción Económica, e pechouno Caridad González, tenenta de alcaldesa de Muros.

María e Alba fallaron de emprendemento feminino dende o rural, de talento novo que crea e innova dende concellos pequenos, que apostan por proxectos con identidade ligados á nosa terra, ao medio ambiente e a dinamización social e cultural.

“Foi unha charla dinámica onde os asistentes participaron de maneira activa con preguntas e expoñendo as súas experiencias. Unha actividade moi enriquecedora que de seguro dará lugar a novas xuntanzas”, asegura Rivadeneira.

Lixo Atelier é unha marca muradá de bixutería artesanal que transforma residuos mariños —como redes de pesca, cabos e plásticos recolleitos nas praias de Louro (Galicia)— en xoias únicas. O proxecto busca concienciar sobre o coidado do medio ambiente, dando unha segunda vida a refugallos mariños a través dun deseño sostíbel e manual.

Pola súa banda, o Espazo A Maceta é un proxecto cultural e de dinamización rural situado en Muros e que foi concibido “como un espazo híbrido que combina o traballo colaborativo cunha axenda activa de actividades creativas”. Inclúe un Centro de Coworking, actividades culturais, accións de sustentabilidade e iniciativas locais como Muros Consciente, que busca poñer en valor o comercio local e os hábitos respectuosos co medio natural a través da arte e a participación cidadá.

Imaxe de Xosé Sendón Caamaño.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.