Os beneficios do exercicio en persoas con cancro centran unha charla e un obradoiro en Noia

16 Marzo 2026

A AECC vai organizar en Noia este mes de marzo unha nova actividade de divulgación e formación de carácter solidario. Trátase dunha charla e dun obradoiro (os dous de balde) sobre os beneficios e vantaxes do exercicio físico nas persoas con cancro. A charla será este mércores 18 de marzo a partir das 16.30 horas e o obradoiro o vindeiro mércores 25 de marzo a partir das 16 horas. As dúas actividades desenvolverase na sede do Edificio Casino de Noia, no 8 da rúa de Galicia. As inscricións cómpre facelas no teléfono 981 14 27 40 ou a través do correo electrónico acoruna@contraelcancer.es. Trátase dunha actividade dobre abeirada ao programa da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Canctro, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas enfermas de cancro e das súas familias a través do exercicio físico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.