O vento complica a primeira xornada da Clasificatoria de Optimist na Ría de Muros e Noia

14 Marzo 2026

A primeira xornada da regata clasificatoria da clase Clase Optimist estivo marcada por unhas condicións meteorolóxicas pouco habituais na Ría de Muros e Noia, onde a choiva persistente e a escaseza de vento dificultaron o desenvolvemento normal da competición.

Durante gran parte da tarde, a coñecida poalla foi protagonista, impedindo que as probas se disputasen con normalidade. Aínda que o comité logrou dar varias saídas aos dous grupos convocados, as mangas tiveron que ser anuladas ao non poder completarse debido á falta de vento do noroeste.

Foto Juan Caballero

Tras varios intentos e grazas á persistencia do comité organizador, finalmente atopouse unha zona con vento do nordeste que permitiu validar unha proba para o Grupo Ouro, cuxos regatistas necesitaban sumar resultados ante as últimas prazas en xogo para a selección.

Deste primeira manga saíron os primeiros líderes da competición. En Sub16 masculino situouse á fronte Alejandro Alonso, do Monte Real Club de Iates de Bayona, cun punto. En Sub16 feminino lidera Emma Pérez Roig, do Real Club Náutico da Coruña, con dous puntos.

Na categoría Sub13 feminina, a primeira posición é para Aroa Pérez, do Real Club Náutico de Sanxenxo, con 14 puntos, mentres que en Sub13 masculino encabeza a clasificación Martin Barros, tamén do Monte Real Club de Iates de Bayona, con 17 puntos.

A competición continuará este domingo co sinal de atención prevista para as 11.00 horas. O comité tentará completar ata catro mangas se as condicións meteorolóxicas permiten.

A regata conta co patrocinio de GADIS e a colaboración institucional da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; a Real Federación Galega de Vela; e o Concello de Porto do Son.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.