A sala Leña Verde de Boiro acolle unha xornada sobre o benestar emocional organizada pola Asociación Ambar

13 Marzo 2026


O Centro Social de Boiro converteuse este venres 13 de marzo nun espazo de aprendizaxe e reflexión coa celebración das xornadas de xestión emocional, unha iniciativa impulsada pola Asociación Ambar para as persoas con diversidade funcional.

A sesión, que tivo lugar na sala Leña Verde do dito CS de Boiro, estivo centrada na xestión emocional e o autocoidado. A psicóloga da asociación, Lola Prego, foi a encargada de impartir o obradoiro, proporcionando ás persoas asistentes claves prácticas e estratexias para mellorar a calidade de vida e o equilibrio psicolóxico no día a día.

Dende a Asociación Ambar destacaron a gran acollida desta actividade, subliñando que a creación destes espazos de encontro é “máis necesaria ca nunca”. A xornada buscou apoderar ás participantes no manexo das súas propias emocións.

Esta actividade enmárcase dentro dun conxunto de xornadas dirixidas a mulleres que se levará a cabo en varios concellos da contorna. Faise grazas ao financiamento da Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade), co co-financiamento de fondos europeos. A vindeira xornada será no Centro de Interpretación dos Castros de Baroña de Porto do Son e tratará sobre recursos e trámites na diversidade e dependencia. A Asociación Ambar reafirma así o seu compromiso ca inclusión e o benestar integral do colectivo de persoas con diversidade funcional na comarca da Barbanza, agradecendo a todas as persoas que sumaron a súa presenza nesta xornada de crecemento compartido.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.