O Concello de Lousame abre o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2026-2027

13 Marzo 2026

O Concello de Lousame abre o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, centro para menores de 0 a 3 anos, para o curso 2026-2027. Un prazo que estará aberto até o vindeiro 15 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal.

O Punto de Atención á Infancia é un centro municipal que oferta servizo de gardería para nenos e nenas de 0 a 3 anos, co obxectivo de facilitarlles ás familias de Lousame a conciliación da vida familiar e laboral.

As familias interesadas deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado por non estar obrigado).

A maiores, no seu caso poderá presentarse documentación acreditativa das circunstancias familiares: certificados de monoparentalidade, título de familia numerosa, certificado de discapacidade de calquera dos membros da familia, certificado do grao de dependencia, certificado de estar inscrito como demandante de emprego… ou calquera outra circunstancia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.