O Concello de Boiro coloca dispensadores de xel nos edificios municipais abertos ao público

18 Maio 2020

O Concello de Boiro segue a traballar por adaptar as súas instalacións de cara a unha nova normalidade. Coa intención de aumentar a seguridade e
previr contaxios nos edificios municipais, véñense de instalar na entrada da
casa consistorial e no Mercado Municipal uns dispensadores automáticos de desinfectante para traballadores e usuarios.
Desde que comezou o Estado de Alarma e, sobre todo, desde que se iniciaron as fases de transición cara unha nova normalidade, o Concello de
Boiro traballa por adaptar as súas instalacións ás novas restricións e aumentar
as medidas de seguridade. Ademais da incidencia na limpeza e desinfección
das instalación, dotouse a todo o persoal de materiais de protección e
instalación de medidas de prevención.
A todos os traballadores municipais se lle facilitaron xeles desinfectantes, máscaras, luvas e pantallas. As oficinas que están abertas ao público contan tamén con mamparas de protección e con delimitacións espaciais para manter a distancia de seguridade. Na casa consistorial estanse a controlar o aforo cunha persoa á entrada lembra da necesidade de desinfectar as mans e de agardar no caso de que haxa moita xente no interior.
Tamén na praza de abastos se controla o aforo e se lle fixo chegar a todos os comerciantes materiais de protección. Agora colocouse, tanto á entrada da Casa do Concello como á entrada do Mercado Municipal un dispensador automático de solución desinfectante para mans coa intención de garantir a seguridade de traballadores e usuarios.

Dispensadores de xel en Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...