A mostra “Castelao grafista” de Abanca poderá visitarse no Auditorio de Rianxo ata o 1 de abril

11 Marzo 2026

Estes días podemos visitar en Rianxo, no Auditorio Municipal, a exposición Castelao grafista (facsímile) de Afundación (Abanca).🖌️A mostra reúne fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente Ballester e incluída no programa Corrente cultural, desenvolvida en colaboración coa entidade financeira e os diferentes concellos galegos.

O obxectivo de Abanca é dar continuidade á homenaxe a “un home imprescindíbel na cultura e política galegas do século XX cadrando coa conmemoración do 140 aniversario do seu nacemento”. Ademais, búscase seguir promovendo o coñecemento e o estudo dun home e dun tempo decisivos para o devir da Galicia contemporánea.

A exposición permanecerá aberta ata o 1 de abril na sala de exposicións do propio centro sociocultural, en horario os luns de 10.00 a 14.00 h, e de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17. 00 a 20.00 h. 

Como complemento a esta mostra, e co obxectivo de promover a educación e o coñecemento a través da cultura, a Obra Social de Abanca desenvolveu un exhaustivo e atractivo programa didáctico deseñado para o alumnado a partir de 4.º de primaria asentado en dúas partes: unha visita comentada e unha proposta artística e de STEAM no obradoiro.

Enmarcada tamén na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais, a entidade convida aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar esta exposición.

A mostra, que conta coa facsímiles de pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación así como doutras coleccións privadas e públicas, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.

Segundo relata a entidade financeira, o interese de Castelao pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.