A Pobra impulsa unha nova edición de “Xoga ao baile deportivo” da man do Taller Alecrín

10 Marzo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 10 de marzo o programa Xoga ao Baile Deportivo, unha iniciativa posta en marcha polo Taller Alecrín en colaboración coa Concellería de Cultura e a ANPA do Colexio Banda Seca.

A actividade terá lugar no CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras entre este mércores 11 de marzo e o día 25 deste mesmo mes.

O obxectivo desta iniciativa é achegar á rapazada distintas modalidades de baile deportivo, así como fomentar esta disciplina como actividade física e artística e mellorar, á súa vez, a condición física das persoas participantes. Tal e como destacou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, durante a presentación, “é unha maneira de achegar aos rapaces e rapazas a esta modalidade artística ao mesmo tempo que se promoven hábitos saudábeis”.

Pola súa parte, o director de Taller Alecrín, Francisco Muñiz, salientou a importancia de “ofrecer experiencias educativas que van máis aló da aula e que contribúen ao benestar do alumnado”.

O programa abrangue tes unidades de tres sesións cada unha a desenvolver nas aulas de Educación Física como parte da programación da materia en relación ca expresión corporal e o ritmo. O obxectivo principal é dar a coñecer as modalidades de baile en parella tanto Estándar como Latino que compoñen o programa de competición de Baile Deportivo.

Valse Inglés e Valse Vienés serán os ritmos que se desenvolverán na primeira sesión desta primeira unidade, mentres Rumba e Cha-cha-chá serán os da segunda, para rematar nunha terceira sesión dedicada xa á propia competición. Nesta fase os participantes demostrarán as destrezas aprendidas.

As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao 698 150 432.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.