18 maio: O alcalde de Ribeira fala ós veciños coas últimas novidades locais da COVID-19. Activada de novo a zona azul

18 Maio 2020

Un día máis o alcalde ribeirense, Manuel Ruíz Rivas, diríxese ós veciños do Concello coas últimas novidades da Comisión de Seguimento da Evolución do Coronavirus.

Comisión de Seguimento da Evolución do Coronavirus 18/04/2020

Hoxe luns e coa fin de favorecer ao comercio restableceuse a zona azul tras facer unha consulta sobre esta cuestión á Asociación de Empresarios de Ribeira. Non obstante, para dar tempo a que a poboación coñeza esta reanudación, durante osprimeiros días a Policía Local será laxa á hora de esixir o cumprimento da obriga de permanecer un máximo de 90 minutos.
Na Comisión tamén se fixo reconto do material entregado ata o momento tanto ao comercio local (1.100 máscaras faciais e unhas 200 mamparas separativas) como á cidadanía en xeral (máis de 40.000 mascarillas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.