Corte puntual de tráfico este mércores no enlace da AG-56 coa SC-20 e a AP-9 en Santiago

08 Marzo 2026

O avance das obras da senda peonil e ciclista entre O Milladoiro e a estación Intermodal de Santiago de Compostela obrigará a realizar un corte puntual de tráfico este mércores, 11 de marzo, no enlace que conecta a Autovía AG‑56 coa SC‑20 e coa AP‑9 en sentido Santiago de Compostela.

A restrición da circulación será necesaria para executar o montaxe dunha pasarela no punto quilométrico 1+390 da nova senda, unha operación que require ocupar a zona e aplicar medidas especiais de seguridade durante os traballos.

Segundo a previsión inicial, a afección ao tráfico limitarase unicamente á xornada do mércores, en horario diúrno, entre as 9.00 e as 20.00 horas.

Ramais que permanecerán pechados

Durante ese período permanecerán pechados os seguintes accesos:

  • Ramal 72: saída da AG-56 e incorporación á SC-20 en sentido Santiago (pk 72+000 a 72+400).
  • Ramal 70: incorporación á AG-56 desde a SC-20 en sentido Santiago (pk 70+000 a 70+400).
  • Ramal 71: incorporación á AG-56 desde a SC-20 en sentido Santiago (pk 71+000 a 71+900).

Itinerarios alternativos

Para minimizar o impacto na circulación habilitaranse desvíos alternativos.

O tráfico procedente da AG-56 cara a Santiago pola SC-20 deberá incorporarse á SC-20 en sentido Milladoiro polo ramal 73 e realizar o cambio de sentido na glorieta de O Milladoiro.

Pola súa banda, os vehículos que circulen pola SC-20 en sentido Santiago e queiran incorporarse á AG-56 ou á AP-9 deberán continuar ata a glorieta de enlace co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde poderán facer o cambio de sentido para acceder posteriormente á AG-56 ou á AP-9 desde a SC-20 en sentido Milladoiro polo ramal 74.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.