Luis Oujo e Marta Villaverde fan repaso dos máis recentes investimentos portuarios en Porto do Son

09 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este luns 9 de marzo co alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, no marco da escoita activa que mantén co sector e cos representantes institucionais das rexións costeiras, co obxectivo de seguir tecendo alianzas que revertan no impulso da actividade marítimo-pesqueira e, en paralelo, no desenvolvemento socioeconómico dos concellos do litoral galego.

No transcurso do encontro, conselleira e rexedor fixeron un repaso dos últimos investimentos acometidos co apoio da Xunta, entre os que destaca a mellora do dique de abrigo e ampliación da capacidade de atraque no peirao de Portosín. A esta actuación, dotada con máis de 2,1 millóns de euros, e que se atopa en execución nestes momentos, a Administración autonómica, a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), achega o 70 % do importe total; é dicir, case 1,8 millóns.

O proxecto comprende a construción dunha plataforma flotante de formigón para 17 embarcacións pesqueiras e un dique de 120 para o seu refuxio. Deste xeito, o novo molle situarase na zona da nave de redes e acollerá 13 barcos de artes menores e 4 de cerco. Para mellorar o acceso e manobra das mesmas, acometerase a dragaxe de 400 metros cúbicos de rocha. Tamén abordaron as obras de acondicionamento da nave de redeiras de Porto do Son, coa finalidade de mellorar as condicións de traballo das profesionais.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...