Noia rende homenaxe ás mulleres do mar coa Praza das Mariscadoras e o Museo do Mar “Carmen Barcia”

07 Marzo 2026

O Concello de Noia celebrou este sábado, 7 de marzo, unha xornada especial arredor do Día Internacional da Muller na que a memoria e o recoñecemento ás mulleres do mar foron protagonistas. A programación incluíu diversos actos institucionais e actividades participativas que culminaron coa inauguración da Praza das Mariscadoras e coa nova denominación do Museo do Mar “Carmen Barcia”.

As actividades comezaron pola mañá coa instalación do stand informativo “Agresión Off” na Casa do Concello. Xa pola tarde desenvolveuse o roteiro “A Memoria das Mulleres”, que reuniu a mariscadoras históricas da vila, representantes da Agrupación de Mariscadoras de A Pé e á familia da armadora homenaxeada.

Durante o percorrido inaugurouse oficialmente a Praza das Mariscadoras, situada ao inicio do Paseo Marítimo de Noia, un lugar que durante décadas foi escenario do intenso traballo das mulleres dedicadas ao marisqueo. A concelleira de Igualdade, Chelo Martínez, acompañada por membros do goberno municipal, presidiu o acto no que tamén participaron integrantes de anteriores directivas da agrupación e mariscadoras da actualidade.

No transcurso da inauguración colocouse unha placa conmemorativa que oficializa a nova denominación deste espazo. Martínez destacou que o recoñecemento busca “facer xustiza coa memoria das mariscadoras de Noia, mulleres que co seu traballo sostiveron durante décadas a economía e a identidade mariñeira da nosa vila”.

A concelleira subliñou tamén o valor simbólico do lugar, lembrando que o paseo marítimo foi durante moitos anos punto de encontro, traballo e convivencia para estas traballadoras do mar. “Con esta praza queremos que a súa memoria permaneza para sempre no corazón de Noia”, indicou.

No marco do mesmo roteiro oficializouse ademais o cambio de nome do Museo do Mar, que pasa a denominarse Museo do Mar “Carmen Barcia”, en homenaxe á histórica armadora local Carmen Barcia. O acto contou coa presenza da súa familia e serviu para poñer en valor a súa traxectoria e a súa contribución ao desenvolvemento da actividade marítima na vila.

Segundo explicou Chelo Martínez, “Carmen Barcia representa a tantas mulleres que contribuíron á historia marítima de Noia e que durante moito tempo non tiveron o recoñecemento público que merecían”.

A xornada concluíu cunha festa pola igualdade na rúa do Curro, con obradoiros de pintado de camisetas e bolsas dirixidos a público de todas as idades e sesións musicais a cargo de Rapariga DJ e Yaya DJ.

Con esta programación, o Concello de Noia reafirma o seu compromiso coa recuperación da memoria das mulleres e co recoñecemento do seu papel fundamental na historia social, económica e cultural da vila.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.