A programación do Día da Muller en Lousame arrinca coa lectura dun manifesto institucional

06 Marzo 2026

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, presidiron este venres 6 de marzo o acto de lectura do manifesto institucional do Concello de Lousame con motivo da conmemoración do Día da Muller. Un acto que contou coa participación de concelleiros dos tres grupos municipais, veciños e veciñas de Lousame, traballadores municipais e integrantes da asociación Amicos, que tamén deron lectura a uns textos sobre a muller e a igualdade.

Silvia Agrafojo foi a encargada de dar lectura ao manifesto no que destacou esta xornada é “un día para reflexionar, para recoñecer e tamén para renovar o noso compromiso coa igualdade. Unha data que nos invita a mirar ao noso redor e a pensar nas mulleres que forman parte da nosa vida, pero tamén para lembrar e agradecer o camiño que abriron tantas mulleres antas ca nós. Mulleres valentes que, con esforzo e sacrificio, fixeron realidade que hoxe vivamos nunha sociedade máis xusta e con máis oportunidades”.

Porén, insistiu en que “a igualdade plena aínda non está acadada. Aínda persisten desigualdades e situacións que nos lembran que a loita pola igualdade segue sendo necesaria. Desde o Concello de Lousame reafirmamos hoxe o noso compromiso de seguir traballando pola igualdade real entre mulleres e homes, impulsando políticas e iniciativas que garantan os mesmos dereitos, oportunidades e condicións para todas as persoas”.

Programación sábado 7

Para mañá sábado 7 de marzo queda a parte máis forte do programa do 8M. Ás 11:00 horas, a Casa da Cultura de Lousame acollerá un obradoiro de lactación materna ofrecido por Alicia Conde. Unha hora máis tarde, o salón de plenos do Concello acollera a redonda A muller en Europa, no que dez voluntarias europeas, sénior e xuvenil contarán as súas experiencias e as doutras mulleres noutros países e culturas.

As voluntarias participantes son: Ogsanna Yeritsyan, Zhenya Yordanova, Ana Uvarova, Lorena García, Nerea Carnota, Carolina Castro, Flora Batalla, Maribel González, Soledad Souto e María Luísa Pazos

E ás 13:30 horas, o alcalde de Lousame inaugurará a exposición As Mulleres na Biblia, cedida pola Fundación Museo de Artes de Ribeira e que poderá contemplarse na sala de exposicións municipal da Casa da Cultura.

A programación especial do Día da Muller rematará o propio domingo 8 de marzo coa posta en escena da obra Todas temos a mesma historia, unha peza inspirada en textos de Darío Fo e Franca Rame que, a través de tres momentos no tempo convida ao público a reflexionar sobre a realidade das mulleres ao longo de tres décadas pasadas e o mundo de hoxe en día. Será ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.