As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

06 Marzo 2026

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais igualitaria e máis xusta para as mulleres con discapacidade, con autismo ou aquelas que viven no rural.

Unha data de homenaxe pero tamén para a reivindicación do camiño que aínda queda por diante para a igualdade real e na que se presentou o vídeo Mulleres transformadoras onte e hoxe realizado polas mulleres dos obradoiros de memoria da Cruz Vermella de Boiro e o grupo de voluntariado Turbina.

Ambar presentou unha proposta escénica que, a través dos corpos e o movemento, busca visibilizar a diversidade de experiencias que atravesan ás mulleres na nosa sociedade e que contou tamén coa colaboración de CenPliés cunha intervención artística que representa historias de loita, resiliencia e esperanza.

O alcalde, José Ramón Romero, foi o encargado de pechar un acto que “nos convida a reflexionar e tamén a renovar o noso compromiso, o do Concello de Boiro e o de todos os boirenses coa igualdade real entre homes e mulleres”.

Máis actividades do 8M en Boiro

O sábado 7 de marzo ás 16.00h terá lugar no Centro Social de Boiro a conversa coa psicóloga investigadora en Grupo de Medicamento Xenómica (GMX-USC) Muller e autismo: por que acontece o desequilibrio de xénero no diagnóstico?.

No mesmo lugar ás 17.00 horas celebrarase un obradoiro práctico e íntimo organizado por Barbantea: Mulleres e diagnóstico tardío con Ingrid Mosquera Grande. E xa ás 20.00 horas no Centro Social de Abanqueiro teatro musical coa actuación Non estamos tolas.

A programación prolóngase durante todo o mes de marzo coas actividades do programa Muller e Saúde, un programa de actividades que se fan ao longo do ano con propósitos de temáticas moi distintas para “chegar a distintos sectores da poboación”, afirmou o concelleiro Raúl Treus na presentación da axenda (celebrada a semana pasada), engadindo que as sesións comezan o 4 de marzo con Ciberviolencia e control dixital, que impartirá a Cruz Vermella de Boiro ás 16.00 horas no Centro Social de Boiro.

O venres 13 de marzo ás 16.00 horas celebrarase no Centro Social de Abanqueiro o relatorio Complementos na alimentación, impartido por Fernando Casal Couto, butricionista da Escola Galega de Saúde (SERGAS).

O mércores 18 ás 16.30 horas terá lugar no Centro Social de Boiro un taller sobre Sobrecarga dos coidados, orientado a persoas coidadoras, que estará impartido pola Asociación Alar Galicia.

O venres 27 de marzo a Asociación Andaina Pro Saúde Mental impartirá un obradoiro sobre Xestión emocional no duelo que será no Centro Social de Boiro ás 16.30 horas e o mesmo día pero no Centro Social de Abanqueiro ás 16.00 horas celebrarase un obradoiro de emocións e técnicas de relaxación impartido por Merceces Urbiola Ituarte da Escola Galega de Saúde (SERGAS).

Todas as sesións prácticas e as charlas son gratuítas pero precisan inscrición previa no enderezo electrónico cim@boiro.org e no teléfono 669 582 674. Máis información na web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.