En Boiro, a nova glorieta da avenida da Constitución contará cunha escultura do artista local Tucho Abalo

04 Marzo 2026

A nova glorieta da avenida da Constitución, proxectada no marco das obras que se están a executar para a dotación de beirarrúas e carril bici, contará cunha obra do escultor local Tucho Abalo. O corazón da ría é o nome deste proxecto que representa o mexillón.

Dende o Concello lembran que “Boiro é un dos principais produtores da ría de Arousa e o sector bateeiro centra gran parte do noso tecido económico”.

Esta obra escultórica, realizada a base de ferro e materiais reciclados, constará de dezaseis elementos individuais en forma de cuncha de mexillón colocados en forma de flor, xunto cunha peza central de dous mexillóns fusionados en forma de mexillón simbolizando unha letra B.

Para a elaboración das pezas que compoñen a escultura recolleranse materiais recollidos nas praias. Para iso, este sábado 7 de marzo farase, na praia de Barraña, unha convocatoria para a recollida de residuos nas praias que empregar para a creación da escultura. O punto de encontro para todas aquelas persoas que se queiran sumar a esta recollida será o Edificio das Colonias de Praia Xardín ás 11.00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.