Mar confirma a Opmega a convocatoria da Comisión do Mexillón este mes

03 Marzo 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse en Santiago de Compostela con representantes da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) no marco da rolda de contactos que mantén cos distintos axentes socioeconómicos do ámbito marítimo-pesqueiro.

Durante o encontro, o responsable autonómico confirmou que a Consellería do Mar convocará este mes a Comisión do Mexillón na súa sesión ordinaria, co obxectivo de continuar traballando de maneira coordinada co sector, garantir a viabilidade das explotacións e impulsar novas iniciativas de promoción e valorización do mexillón galego.

Segundo trasladou Rosón, a activación deste órgano permitirá reforzar o diálogo coa cadea mar-industria e avanzar en accións que contribúan a consolidar a presenza do produto nos mercados nacionais e internacionais.

A miticultura constitúe un sector estratéxico en Galicia, xerando miles de empregos directos e indirectos, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde se concentran máis de 3.300 bateas. Ademais do seu impacto laboral, o mexillón representa un piar fundamental nas exportacións agroalimentarias galegas, cun peso crecente na proxección exterior da comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.