Luz verde da Xunta á ampliación do saneamento de Tronco, en Rianxo

03 Marzo 2026

O Concello de Rianxo, a través do alcalde Julián Bustelo vén de confirmar que a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Xunta, a proposta do Servizo de Litoral, achegou á Administración local autorización para a executar a obra de ampliación da rede municipal de saneamento no lugar de Tronco.

O alcalde valorou o destacado de noticia despois de “moito tempo agardando por ela”. E engadiu: “Así as cousas, axiña poderemos licitar esta importante actuación que conta cun orzamento de 208.785,50€ e permitirá conectar na súa primeira fase á rede municipal 15 vivendas do lugar e o camping”. Trátase dun proxecto destinado a mellorar as infraestruturas locais e dos núcleos do concello mediante unha instalación de bombeo que acabaría beneficiando a dúas ducias de vivendas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.