A USC, segunda de España e primeira de Galicia en contratos Ramón e Cajal

03 Marzo 2026

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) consolídase como a segunda universidade de España en captación de contratos Ramón e Cajal (RyC) e a primeira de Galicia, tras incorporar a 18 investigadores cunha traxectoria científica destacada grazas a estas axudas da Axencia Estatal de Investigación.

Estes contratos teñen como finalidade favorecer a incorporación de persoal investigador —tanto nacional como internacional— ao sistema científico español, facilitando a adquisición de méritos e experiencia para acceder posteriormente a prazas estables. No conxunto do Estado, só a Universidade de Valencia supera á USC en número de contratos obtidos, con 24. No ámbito galego, a institución compostelá sitúase por diante da Universidade de Vigo, que logrou oito, e da Universidade da Coruña, con dúas.

Atracción de talento internacional

A este balance súmanse dúas incorporacións a través do programa Beatriz Galindo, orientado a captar investigadores que desenvolven a súa carreira no estranxeiro e a fomentar a mobilidade e a formación de capital humano en áreas estratéxicas. Os novos investigadores intégranse no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), o Departamento de Historia e o Instituto de Humanidades, procedentes de Lisboa e Austria.

Referente en proxectos europeos

A USC tamén destaca no ámbito europeo, onde se posiciona como terceira universidade española e primeira de Galicia en proxectos aprobados na convocatoria de axudas posdoctorales Marie Skłodowska-Curie do Programa Marco da UE.

En total, desenvolverá oito proxectos financiados: cinco no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e tres no Centro de Investigación Interdisciplinario en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS). Das 50 propostas presentadas pola USC na convocatoria de 2025, o 16% obtivo financiamento, mentres que outras 29 —o 58%— recibiron o ‘Sello de Excelencia’ pola súa alta calidade, aínda que finalmente non contarán con respaldo económico.

Con estes resultados, a institución compostelá reforza o seu liderado investigador en Galicia e consolida a súa posición no panorama científico estatal e europeo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...