A ARE estrea novo local en Irmáns Insua

02 Marzo 2026

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten nova sede física dende a que “seguir medrando e traballando para ofrecer un mellor servizo ás empresas asociadas”. O obxectivo concreto do traslado foi “mellorar as nosas instalacións e atender ás empresas e á cidadanía en condicións máis cómodas e funcionais”. O novo enderezo é rúa Irmáns Insua, nº 31, Rianxo. “Seguiremos ao voso carón, co mesmo compromiso de sempre, pero nun espazo renovado para continuar impulsando o comercio, a hostalaría e os servizos locais”, informaron dende a patronal das empresas rianxeiras.

A Asociación Rianxeira de Empresarios leva en activo dende xaneiro de 1988 co obxectivo de representar, defender e promover os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais do tecido empresarial de Rianxo. A asociación promove ferramentas dixitais para o empresariado local, formación, asesoramento, información normativa, campañas de dinamización comercial, convenios con servizos profesionais e accións de promoción para impulsar o crecemento e a competitividade das empresas asociadas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...