Carlos Abril e José Luis Ventura triunfan no Campionato de España Dobles de Pitch & Putt

15 Xullo 2019
Cedida por Real Federación Española de Golf

20190715. Carlos Abril e José Luis Ventura conquistaron a décimo terceira edición do Campionato de España Dobles de Pitch & Putt que se disputou esta fin de semana no campo de Barbanza Golf, situado no municipio de Boiro. Este evento deportivo congregou a 60 parellas que loitaron por facerse cun dos títulos máis anhelados do calendario para os xogadores desta especialidade do golf. O formato da cita establecía tres rondas de xogo Stroke Play de 18 buracos cada unha delas, as dúas primeiras baixo a modalidade foursome e fourball, e a terceira baixo a categoría Copa Canadá.

Unha xornada final de 97 golpes baixo a modalidade Copa Canadá, para un total de 193, permitíronlle aos campións superar a David Abadía e Jesús Casajús, os cales conseguiron 100 golpes para concluír con 19 e dous por enriba dos gañadores. Ademais, Daniel Varela e Miguel Ángel Vázquez acadaron a terceira posición con 203 golpes, completando así o podio do torneo.

Na modalidade foursome, Carlos Abril e José Luis Ventura convertéronse en líderes tras os primeiros 18 da competición, despois de anotar 49 golpes, dous menos que David Abadía e Jesús Casajús, que asinaron 51 golpes. Outras tres parellas completaron o percorrido baixo par. En concreto, con 53 golpes situáronse José Jorge Rodríguez e Javier Rodríguez; Simón Varela e Miguel Ángel Vázquez; e José Mata e Fernando Mata.

Por outra banda, a modalidade fourball estivo dominada por David Abadía e Jesús Casajús obtendo 44 golpes para un total de 95, avantaxando nun a Carlos Abril e José Luis Ventura, os cales perderon o liderado con 47.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.