“Adeus Gari” – Fernando Sarasketa

25 Febreiro 2026

Váisenos quedando a casa baleira.

Foise Gari, mestre e amigo.

Olegario Sampedro deixounos este 25 de febreiro. Foi profesor e presidente do Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER).

As mellores clases que me deu non foron na academia nin no instituto, foron no Vilar cando naufragou o Prestige.

Baixei á praia cunha pala e cun caldeiro e alí estaba Gari cun amigo seu, apañando piche dende primeira hora da mañá, nada máis tocar area a marea negra. Pasamos días enteiros xuntos. Almorsábamos a primeira hora coa saída do sol e eu sempre ía coa ilusión de compartir con el as notisias do día e o termo de café quente. “Todo isto non vai poder con nós, Sarasquete”, díxome nun momento en que debeu de ver os meus ánimos desfaleser.

Nin un só día perdeu o sorriso, e podía perdelo, tiña todo o dereito a perdelo, e ninguén podía reprocharlle nada.

“Sairemos desta”, dixo unha tarde, a través da máscara.

Anos despois, este verán ou este outono (non recordo cando) púxenlles ás miñas fillas El club de los poetas muertos. Quedaron sorprendidas co profesor Keating e ferveron de carraxe cando o expulsan do colexio, a pesar do afecto e admirasión que sentían por el os seus alumnos. Ao acabar a película as miñas fillas preguntáronme se na miña vida tivera a sorte de ter conosido a algún profesor que fose como o que interpretaba Robin Williams no filme. Non tiven que esforzarme nin estraghar tempo abrindo e pechando caixóns de memoria na procura de alguén que se puidese equiparar a Keating. Dúas sílabas (Ga-ri) pediron paso nas miñas cordas vocais.

Os profesores son profesores a tempo completo. No Vilar non había cadeiras nin pupitres, porque aos corazóns dos mestres bos que naseron para selo (para ser mestres) non lles fan falta os límites das clases convensionais. Soñarei co día, compañeiro, en que fuches pedagogo baixo o sol triste daquel mes de novembro de 2002, a carón da torre dos vixías, sorrindo debaixo da máscara ensoufada. Prometo faselo.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.