O Concello de Rois convoca o Concurso de carteis do Santo Isidro 2026

25 Febreiro 2026

O Concello de Rois vén de convocar o Concurso de Carteis do Santo Isidro Labrador 2026, unha iniciativa que permitirá escoller a imaxe oficial das próximas festas patronais e que busca implicar á veciñanza nunha das citas máis destacadas do calendario festivo local.

O certame está dirixido a todas as persoas que teñan cumpridos 14 anos antes do 31 de decembro de 2025. Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos, que deberán contribuír a enxalzar o municipio e a esencia das festas do Santo Isidro. As técnicas son libres, mais o cartel deberá presentarse en formato vertical tamaño A3 e incluír de maneira visible e destacada a inscrición “FESTA DO S. ISIDRO LABRADOR 2026”.

Como novidade destacada nesta edición, as bases establecen expresamente que non se admitirán obras creadas total ou parcialmente mediante sistemas de intelixencia artificial, xeradores automáticos de imaxe ou ferramentas de creación automatizada. O Concello reforza así o seu compromiso coa creación artística persoal e coa autoría propia, polo que a participación implica a declaración responsable de que a obra é orixinal e realizada integramente pola persoa autora.

Así mesmo, non serán admitidos carteis que inclúan contidos que fomenten a violencia, o racismo, a xenofobia ou calquera forma de discriminación, nin aqueles que atenten contra a dignidade das persoas.

As obras poderán enviarse por correo electrónico ao enderezo inscricions@rois.gal, achegando a documentación requirida, ou presentarse fisicamente nas dependencias municipais, no lugar de Samil 1, Oín (15911 Rois, A Coruña). No caso de envío postal, deberá constar o selo de Correos coa data dentro do prazo establecido.

O prazo de presentación abrirase ao día seguinte da publicación da convocatoria na web municipal e permanecerá aberto ata o venres 10 de abril de 2026 ás 14.00 horas.

O concurso establece un premio único de 200 euros, que poderá declararse deserto se así o decide o xurado. A obra gañadora converterase na imaxe oficial do Santo Isidro Labrador 2026 e pasará a ser propiedade do Concello para a súa reprodución e difusión, facendo constar sempre o nome da persoa autora.

A entrega do premio realizarase no marco da programación das festas patronais. Desde o Concello anímase a todas as persoas con inquietudes creativas a participar e a contribuír, coa súa visión artística, a darlle forma á imaxe do Santo Isidro 2026.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.